
Reproducir cancións
Aviso: Escoite música a un volume moderado. A exposición continua a niveis
elevados de volume pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o dispositivo
preto do seu oído co altofalante activado, xa que o son podería emitirse a un nivel de
volume extremadamente elevado.
Use o reprodutor musical coas teclas virtuais na pantalla.
Para axustar o volume, desprácese arriba ou abaixo.
Para comezar a reprodución, seleccione .
Para facer unha pausa na reprodución, seleccione .
Para pasar á seguinte canción, prema
. Para desprazarse ao comezo da canción
anterior, seleccione
dúas veces.
Para avanzar rapidamente a canción actual, prema e manteña premida
. Para
rebobinar á pista actual, seleccione e manteña premido
. Solte a tecla na posición
na que desexa continuar coa reprodución.
Para pechar o menú do reprodutor musical e continuar a reprodución de música en
segundo plano, prema a tecla rematar.
Para deter o reprodutor musical, prema e manteña pulsada a tecla rematar.