Ampliación estéreo
A ampliación estéreo crea un efecto de son de estéreo máis amplo cando usa auriculares
estéreo.
Para activar esta opción, seleccione Menú > Multimedia > Ampliac. estéreo.
15. Web
Pode acceder a varios servizos de Internet co navegador do teléfono. A aparencia das
páxinas de internet pode variar por mor do tamaño da pantalla. É probable que non
poida ver tódolos detalles das páxinas de Internet.
Importante: Utilice só servizos fiables e que ofrezan seguridade e protección
axeitada contra software daniño.
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizo para obter máis información sobre a
dispoñibilidade destes servizos, prezos e instrucións.
Pode recibir os axustes de configuración precisos para navegar como unha mensaxe de
configuración do seu provedor do servizo.
Para axustar un servizo, seleccione Menú > Web > Axustes de web > Axustes
config., e seleccione unha configuración e unha conta.
Conectarse a un servizo
Para conectar cun servizo, seleccione Menú > Web > Inicio; ou no modo de espera,
prema e manteña 0.
Para seleccionar un favorito, seleccione Menú > Web > Favoritos.
Para seleccionar a última URL, seleccione Menú > Web > Últ. ender. web.