Seguridade
Lea estas instrucións simples. Non respectalas pode resultar perigoso ou ilegal. Lea a
guía de usuario completa para obter máis información.
ACENDIDO SEGURO
Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso de teléfonos inalámbricos estea
prohibido ou cando poida provocar interferencias ou resulte perigoso.
A SEGURIDADE NA CONDUCIÓN É O PRIMEIRO
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as mans libres para controlar o
vehículo durante a condución. A súa principal prioridade durante a condución
deberá ser a seguridade vial.
INTERFERENCIAS
Tódolos dispositivos inalámbricos son susceptibles de recibir interferencias,
o que pode afectar ó seu rendemento.
DESCONEXIÓN NAS ÁREAS RESTRINXIDAS
Respecte as restricións. Apague o dispositivo nos avións, preto de equipos
médicos, combustibles, produtos químicos ou zonas volátis.
SERVIZO CUALIFICADO
O produto só poderá ser instalado ou reparado por persoal cualificado.
ACCESORIOS E BATERÍAS
Utilice únicamente accesorios e baterías autorizados. Non conecte produtos
non compatibles.
RESISTENCIA Á AUGA
O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao seco.
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
7