9. Rexistro de posición
A rede pode enviarlle unha petición de localización (servizo de rede). Póñase en contacto
co seu provedor de servizo para subscribirse e aceptar a entrega da información de
localización.
Para aceptar ou rexeitar a petición de localización, seleccione Aceptar ou Rexeitar. Se
perde a petición, o teléfono a acepta ou rexeita automaticamente segundo o que
acordou co seu operador de rede ou provedor de servizo.
Para ver a información das 10 notificacións e peticións privadas máis recentes,
seleccione Menú > Rexistro > Posicionamento > Rexistro de posición.