
Navegación polos menús
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
21

Para cambiar a vista do menú, seleccione Opcións > Vista menú ppal. > Lista,
Cuadrícula, Cuadrícula etiquetas ou Pestana.
Para reorganizar o menú, desprácese ata o menú que queira mover e seleccione
Opcións > Organizar > Mover. Desprácese ata onde queira mover o menú e
seleccione Aceptar. Para gardar o cambio, seleccione Feito > Si.
6. Enviar mensaxes
Pode ler, escribir, enviar e gardar mensaxes de texto e multimedia, correos e mensaxes
de audio e flash. Os servizos de mensaxería só se poden usar se a súa rede ou provedor
de servizos os admite.
Mensaxes de texto e multimedia
Pode crear unha mensaxe e incluso achegar, por exemplo, unha imaxe. O seu teléfono
converte automaticamente unha mensaxe de texto en mensaxe multimedia cando
achega un arquivo.
Mensaxes de texto
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude superior ó límite para as mensaxes
simples. As mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas ou máis mensaxes.
O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa correspondente ó número de
mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros signos de puntuación, e os
caracteres correspondentes a determinados idiomas ocupan máis espazo e limitan o
número de caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.
Un indicador na parte superior da pantalla mostra o número total de caracteres
restantes e o número de mensaxes necesarias para o envío.
Antes de poder enviar unha mensaxe de texto ou correo SMS, deberá gardar o número
do centro de mensaxes. Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes mensaxe >
Mensaxes de texto > Centros de mensaxes > Engadir centro, escriba un nome e
o número do provedor do servizo.
Mensaxes multimedia
Unha mensaxe multimedia pode conter texto, imaxes, sons e videoclips.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles poden recibir e visualizar
mensaxes multimedia. É posible que a aparencia das mensaxes varíe en función do
dispositivo de recepción.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe inserida
excede este límite, o dispositivo pode reducila para que se poida enviar por MMS.
Importante: Teña precaución ó abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.