Menú operador
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
37
13. Galería
Xestione imaxes, videoclips, arquivos musicais, temas, gráficos, tons, gravacións e
arquivos recibidos. Estes arquivos gárdanse na memoria do teléfono ou nunha tarxeta
de memoria, e poden clasificarse en carpetas.
Carpetas e arquivos
Para ver a lista de carpetas, seleccione Menú > Galería. Para ver unha lista de arquivos
nunha carpeta, seleccione unha carpeta e Abrir. Para ver as carpetas da tarxeta de
memoria ao mover un arquivo, desprácese ata a tarxeta de memoria e prema a tecla
dereita de desprazamento.
Imprimir imaxes
O seu teléfono admite a impresión de imaxes en formato jpeg con Nokia XpressPrint.
1. Para conectar o seu teléfono a unha impresora compatible, use un cable de datos
ou envíe a imaxe usando Bluetooth a unha impresora que admita a tecnoloxía
Bluetooth.
Vexa "Tecnoloxía sen fíos Bluetooth", p. 29.
2. Seleccione a imaxe que desexa imprimir e Opcións > Imprimir.
Tarxeta de memoria
Use unha tarxeta de memoria para gardar os seus arquivos multimedia, como