Modo voo
Use o modo voo nos ambientes sensibles á radio (en avións ou hospitais) para desactivar
todas as funcións de radiofrecuencia. Aínda terá acceso a xogos fóra de liña, a axenda
e números de teléfono. Cando está activo o modo voo, amósase
.
Para activar ou establecer o modo voo, seleccione Menú > Axustes > Perfís > Voo >
Activar ou Personalizar.
Para desactivar o modo voo, seleccione calquera outro perfil.
Facer unha chamada de emerxencia en modo voo
Escriba o número de emerxencia, prema a tecla de chamada e cando se amose Saír do
perfil de voo?, seleccione Si.
Aviso: No perfil de voo, non é posible efectuar nin recibir chamadas, incluídas
as de emerxencia, nin utilizar outras funcións que requiran o uso de cobertura de rede.
Para efectuar chamadas, primeiro cómpre activar a función do teléfono mediante a
modificación dos perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira o código de bloqueo. Se
necesita efectuar unha chamada de emerxencia mentres o teléfono se atopa bloqueado
e no perfil de voo, é posible que poida acceder a un número de emerxencia oficial
programado no dispositivo no campo de código de bloqueo e seleccionar “Chamar”. O
dispositivo confirmará que está a piques de saír do perfil de voo para efectuar unha
chamada de emerxencia.