
Inserir unha tarxeta microSD
Utilice unicamente o tarxetas microSD compatible autorizado por Nokia para utilizar co
dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as tarxetas de
memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente compatibles con este
dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta e no
dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O seu teléfono admite tarxetas microSD de ata 2 GB.
1. Abra a tapa da batería.
2. Insira a tarxeta na rañura de tarxetas de
memoria co contacto cara abaixo e prema
ata que quede suxeito.
3. Volva colocar a tapa da batería.