
Funcións sen a tarxeta SIM
Algunhas funcións do seu teléfono poden usarse sen insertar unha tarxeta SIM, tales
como funcións do Organizador ou xogos. Algunhas funcións aparecen atenuadas nos
menús e non se poden usar.
3. Chamadas
Facer unha chamada
Pode facer unha chamada de diversas formas:
● Insira o número de teléfono, incluído o prefixo, e prema a tecla de chamada.
Para facer chamadas internacionais, prema *dúas veces para marcar o prefixo
internacional (o carácter + substitúe o código de acceso internacional), insira o
código do país, o prefixo local sen antepor o 0, se é preciso, e o número de teléfono.
● Para acceder á lista de números marcados, prema unha vez a tecla de chamada no
modo de espera. Seleccione un número ou nome e prema a tecla de chamada.
● Busque un nome ou número de teléfono que teña gardado en Contactos.
Vexa
"Xestionar contactos", p. 27.
Para axustar o volume nunha chamada, desprácese arriba ou abaixo.
Chamada entrante
Para responder a unha chamada, prema a tecla de chamada. Para rematar unha
chamada, prema a tecla rematar.
Para rexeitar unha chamada entrante, prema a tecla rematar. Para silenciar a melodía
de chamada, seleccione Silenciar.
Atallos de chamada
Primeiro ten que asignar un número a unha das teclas de número do 2 ao 9
Vexa "Asignar
atallos de chamada", p. 29.
Use un atallo de marcado para facer unha chamada nunha das seguintes formas:
● Prema a tecla de número e logo a tecla de chamada.
● Se está seleccionado Menú > Axustes > Chamadas > Marcación rápida >
Activado, prema e manteña a tecla de número.
Marcación vocal
Facer unha chamada dicindo o nome dun contacto gardado.
Como os comandos de voz dependen da lingua, antes de usar a marcación vocal terá
que seleccionar Menú > Axustes > Teléfono > Axustes de idioma > Idioma
recoñece. e o seu idioma.