Extraer a tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante unha operación na que
se estea accedendo á mesma, xa que, do contrario, poderíase danar a tarxeta de
memoria, o dispositivo e os datos almacenados na tarxeta.
Pode extraer ou substituír a tarxeta microSD durante o funcionamento do teléfono sen
ter que apagalo.
1. Asegúrese de que ningunha aplicación está accedendo á tarxeta de memoria neste
momento
2. Abra a tapa da batería.
3. Prema lixeiramente a tarxeta de memoria cara dentro para liberar o bloqueo e
retírela.
4. Volva colocar a tapa da batería.
Introdución
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
13