Cargar a batería
A súa batería xa se cargou, pero os niveles de carga poden variar.
1. Conecte o cargador a un enchufe na parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo.
3. Cando a batería estea completamente cargada,
desconecte primeiro o cargador do dispositivo e
logo o enchufe da parede.
Se a batería está totalmente descargada, o indicador de
carga pode demorar uns minutos en aparecer na
pantalla ou antes de poder facer unha chamada.
O tempo de carga depende do cargador usado. Cargar
unha batería BL-4CT co cargador AC-4 leva
aproximadamente 1 hora 30 minutos co teléfono en
modo de espera.