Actualización software
É posible que Nokia produza actualizacións de software que ofrezan funcións novas,
melloradas, ou cun funcionamento mellorado. É posible solicitar estas actualizacións
mediante a aplicación para ordenador Nokia Software Updater. Para actualizar o
software do dispositivo, cómpre posuír a aplicación Nokia Software Updater e un PC
compatible con Microsoft Windows 2000, XP ou Vista, acceso de banda ancha a Internet
e un cable de datos compatible para conectar o dispositivo ao PC.
Para obter máis información e descargar a aplicación Nokia Software Updater, visite
www.nokia.com/softwareupdate ou a súa páxina web local de Nokia.
Se a súa rede admite a transmisión de actualizacións de software, tamén poderá
solicitar actualizacións mediante o teléfono.
Vexa "Actualizacións de software pola
rede", p. 36.
Importante: Utilice só servizos fiables e que ofrezan seguridade e protección
axeitada contra software daniño.
Información xeral
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
10