
Bloquear a tarxeta de memoria
Para establecer un contrasinal (máximo 8 caracteres) para bloquear a súa tarxeta de
memoria contra un uso non autorizado, seleccione a carpeta da tarxeta de memoria
e Opcións > Fixar contrasinal.
Galería
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
38

O contrasinal gárdase no teléfono e non deberá escribilo novamente mentres use a
tarxeta de memoria no mesmo teléfono. Se desexa utilizar a tarxeta de memoria noutro
dispositivo, deberá escribir o contrasinal.
Para eliminar o contrasinal, seleccione Opcións > Borrar contrasinal.
Comprobar consumo de memoria
Para comprobar o consumo de memoria de diferentes grupos de datos
e
Opcións > Detalles.
14. Soportes
Cámara e vídeo
Tire fotos e grave videoclips coa cámara integrada.
Tirar unha foto
Para usar a función fotografía, seleccione Menú > Multimedia > Cámara, ou
desprácese á dereita ou á esquerda se está activada a función vídeo.
Para aumentar ou diminuír o zoom no modo cámara, desprácese para arriba ou para
abaixo.
Para tirar unha foto, seleccione Capturar. O teléfono garda as fotos na tarxeta de
memoria, se está dispoñible, ou na memoria do teléfono.
Para amosar unha foto inmediatamente despois de tirala, seleccione Opcións >
Axustes > Hora vista prev. imx. e o tempo de previsualización. Durante o tempo de
previsualización, seleccione Atrás para tirar outra foto, ou Enviar para enviar a foto
como mensaxe multimedia.
Gravar un videoclip
Para activar a función vídeo, seleccione Menú > Multimedia > Vídeo ou desprácese
dereita ou esquerda se a cámara está activada.
Para comezar a gravar vídeo, seleccione Gravar; para pausar a gravación,
seleccionePausa; para continuar coa gravación, seleccioneContinuar; para deter a
gravación, seleccione Deter.
O teléfono garda os videoclips na tarxeta de memoria, se ten unha, ou na memoria do
teléfono.
Opcións de cámara e vídeo
Para usar un filtro, seleccione Opcións > Efectos.
Para adaptar a cámara as condicións da luz, seleccione Opcións > Balance branco.