
Inserción de texto preditivo
A inserción de texto preditivo basease nun dicionario incorporado ao que pode engadir
novas palabras.
1. Comece a escribir unha palabra usando as teclas 2 a 9. Prema cada tecla só unha vez
para cada letra.
2. Para confirmar unha palabra, desprácese á dereita e engada un espazo.
● Se a palabra non é correcta, prema * varias veces e seleccione a palabra da lista.
● Se se amosa o carácter ? despois da palabra, a palabra que pretende escribir non
se atopa no dicionario. Para engadir a palabra ao dicionario, seleccione
Escribir Insira a palabra usando a inserción de texto tradicional e seleccione
Gardar.
● Para escribir palabras compostas, insira a primeira parte da palabra, e desprácese
á dereita para confirmala. Escriba a última parte da palabra, e confírmea.
3. Comece a escribir a seguinte palabra.
5. Navegación polos menús
O teléfono ofrécelle unha extensa variedade de funcións agrupadas en menús.
1. Para acceder ao menú, seleccione Menú.
2. Desprácese polo menú e seleccione unha opción (por exemplo, Axustes).
3. Se o menú seleccionado contén máis submenús, seleccione un (por exemplo,
Chamadas).
4. Se o menú seleccionado contén máis submenús, repita o paso 3.
5. Seleccione a configuración da súa elección.
6. Para volver ao nivel de menú previo, seleccione Atrás.
Para saír do menú, seleccione Saír.