Nokia 7210 Supernova - Axustes de mensaxes

background image

Axustes de mensaxes

Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes mensaxe e das seguintes opcións:
Axustes xerais — para gardar copias das mensaxes no seu teléfono, para

sobrescribir mensaxes antigas se a memoria para mensaxes está chea, e configurar

outras preferencias relacionadas coas mensaxes

Enviar mensaxes

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

26

background image

Mensaxes de texto — para activar informes de entrega, configurar centros de

mensaxes para SMS e SMS correos, seleccionar o tipo de admisión de caracteres e

configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes de texto

Mens. multim. — para activar informes de entrega, configurar a aparencia das

mensaxes multimedia, permitir a recepción de mensaxes multimedia e anuncios e

configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes multimedia

Mensaxes de correo — para permitir a recepción de correos, configurar o tamaño

de imaxe en correo e configurar outras preferencias relacionadas co correo.

Mensaxes de servizo — para activar mensaxes de servizo e configurar preferencias

relacionadas coas mensaxes de servizo

7. Contactos

Pode gardar nomes, números de teléfonos como contactos na memoria do teléfono ou

na memoria da tarxeta SIM e buscar e atopalos para facer unha chamada ou enviar unha

mensaxe.

Xestionar contactos

Escolla unha memoria para gardar os contactos

A memoria do teléfono pode gardar contactos con detalles adicionais, como varios

números de teléfono e información de texto. Tamén pode gardar unha imaxe, un ton

ou videoclip para un número limitado de contactos.
A memoria de tarxeta SIM pode gardar nomes cun número de teléfono anexo a este. Os

contactos gardados na memoria da tarxeta SIM indícanse con

.

Seleccione Menú > Guía > Axustes > Memoria en uso. Ao seleccionar Teléfono e

SIM, gardará os contactos na memoria do teléfono.

Gardar nomes e números

Para gardar un nome e un número de teléfono, seleccione Menú > Guía > Nomes >

Opcións > Engad. novo contac..
O primeiro número que garda se establece automaticamente como predeterminado e

se amosa cun marco ao redor do indicador de tipo de número (por exemplo, ). Cando

selecciona un nome dos contactos (por exemplo, para facer unha chamada), utilízase o

número predeterminado a menos que seleccione outro número.

Buscar un contacto

Seleccione Menú > Guía > Nomes, e desprácese pola lista de contactos ou escriba as

primeiras letras do nome dun contacto.

Engadir e editar detalles

Para engadir ou cambiar detalles dun contacto, seleccione o contacto e Detalles >

Opcións > Engadir detalle e da lista de opcións dispoñibles.