Contactos
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
27
Copie ou mova o contacto entre a tarxeta SIM e a memoria do teléfono
1. Seleccione Menú > Guía > Nomes.
2. Seleccione o contacto que quere copiar ou mover e Opcións > Copiar contacto ou
Mover contacto.
Copie ou mova varios contactos entre a tarxeta SIM e a memoria do
teléfono
1. Seleccione o primeiro contacto que quere copiar ou mover e Opcións > Marcar.
2. Marque os outros contactos e seleccione Opcións > Copiar marcados ou Mover
as marcadas.
Copie ou mova todos os contactos entre a tarxeta SIM e a memoria do
teléfono
Seleccione Menú > Guía > Copiar contactos ou Mover contactos.
Borrar contactos
Seleccione o contacto e Opcións > Borrar contacto.
Para borrar todos os contactos do teléfono ou memoria da tarxeta SIM, seleccione
Menú > Guía > Borrar tod. cont. > Da memoria do tlf. ou Da tarxeta SIM.
Para borrar un número, información de texto ou unha imaxe achegada, busque o
contacto e seleccione Detalles. Desprácese ata o detalle desexado e seleccione
Opcións > Borrar da lista de opcións dispoñibles.
Crear un grupo de contactos
Organizar contactos en grupos de chamantes con diferentes tons de chamada e imaxes
de grupo.
1. Seleccione Menú > Guía > Grupos.
2. Para crear un novo grupo, seleccione Engadir ou Opcións > Engadir novo
grupo.
3. Escriba un nome para o grupo, seleccione unha imaxe e ton de chamada se desexa
engadilos ao grupo e seleccione Gardar.
4. Seleccione o grupo e Ver > Engadir para engadir contactos ao grupo.