
Tecnoloxía sen fíos Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permítelle conectar o seu teléfono mediante ondas de radio a
un teléfono compatible con Bluetooth nunha distancia de 10 metros.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2,0 + EDR que admite os
seguintes perfís: 2,0 + EDR acceso xenérico, acceso de rede, cambio de obxectos
xenéricos, distribución avanzada de audio, control remoto de audio e vídeo, mans libres,
auriculares, carga de obxectos, transferencia de arquivos, conexión de acceso telefónico
á rede, acceso SIM e porto serie. Para asegurar a interoperabilidade con outros
Rexistro de chamadas
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
29

dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.
Configurar unha conexión Bluetooth
Seleccione Menú > Axustes > Conectividade > Bluetooth e siga os seguintes pasos:
1. Seleccione Nome do meu tlf. e escriba un nome para o seu teléfono.
2. Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione Bluetooth > Activado. indica
que o Bluetooth está activo.
3. Para conectar o seu teléfono cun accesorio de audio, seleccione Buscar acces.
audio e o dispositivo que desexa conectar.
4. Para vincular o seu teléfono con calquera dispositivo Bluetooth próximo, seleccione
Disposit. vinculados > Engadir novo disp..
Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione Engadir.
Escriba o contrasinal (ata 16 caracteres) no seu teléfono e active a conexión noutro
dispositivo Bluetooth.
Se ten dúbidas sobre a seguridade, desactive a función Bluetooth ou configure Visibilid.
do meu tlf. como Oculto. Acepte comunicacións Bluetooth só daqueles nos que vostede
confía.
Conexión PC a internet
Use a tecnoloxía Bluetooth para conectar o seu PC compatible a internet sen o software
PC Suite. O seu teléfono debe ter activado un provedor de servizos que admita acceso a
internet e o seu PC ten que admitir rede de área persoal (PAN). Despois da conexión ao
servizo de punto de acceso da rede (NAP) do teléfono e sincronizar co seu PC, o teléfono
abre unha conexión de paquete de datos a internet de forma automática.