Como desfacerse da unidade
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, as instrucións ou a
embalaxe lémbralle que todos os produtos eléctricos e electrónicos, as baterías e
os acumuladores se deben refugar por separado ó final da súa vida útil. Este
requisito aplícase á Unión Europea e a outros lugares nos que se atopen
dispoñibles sistemas de recollida selectiva. Non se desfaga deste produto do mesmo
xeito que dos residuos domésticos normais.
Mediante a entrega dos produtos para a súa recollida, axudará a evitar a eliminación
incontrolada de residuos e contribuirá á reutilización de recursos materiais. Se desexa
obter información detallada, póñase en contacto co fornecedor do produto, coa
autoridade local na materia, con organizacións de produción responsable a nivel
nacional ou co seu representante local de Nokia. Se desexa consultar a Declaración
ecolóxica do produto ou as instrucións para devolvelo cando o deixe de utilizar, consulte
á información específica para o seu país que atopará na páxina www.nokia.com.