Manual do Usuario do Nokia 7210
Supernova
Edición 1
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-436 cumpre cos
requirimentos básicos e con outras condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese
consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina http://www.nokia.com/
phones/declaration_of_conformity/.
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People e Navi son marcas rexistradas de Nokia Corporation. Nokia tune é unha melodía
rexistrada de Nokia Corporation. Outros nomes de produtos ou compañía mencionados na presente poden ser marcas
rexistradas ou comerciais dos seus respectivos donos.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de
calquera modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido.
Includes RSA BSAFE cryptographic or security protocol software from RSA Security.
Java and all Java-based marks are trademarks or registered trademarks of Sun Microsystems, Inc.
This product is licensed under the MPEG-4 Visual Patent Portfolio License (i) for personal and noncommercial use in
connection with information which has been encoded in compliance with the MPEG-4 Visual Standard by a consumer
engaged in a personal and noncommercial activity and (ii) for use in connection with MPEG-4 video provided by a
licensed video provider. No license is granted or shall be implied for any other use. Additional information, including
that related to promotional, internal, and commercial uses, may be obtained from MPEG LA, LLC. See http://
www.mpegla.com.
Este produto está suxeito á Licenza da Carteira de Patentes do Estándar Visual MPEG-4 (i) para un uso persoal e non
comercial ligado a información codificada de acordo co Estándar Visual MPEG-4 por parte dun consumidor ligado a
actividades persoais e non comerciais e (ii) para o uso ligado ao formato de vídeo MPEG-4 fornecido por un fornecedor
de vídeo con licenza. Non se outorgará nin se derivará ningunha licenza para ningunha outra utilización. Pode obterse
información complementaria acerca dos usos internos, comerciais e relacionados coa promoción, así como das
licenzas a través de MPEG LA, LLC. Consulte a páxina web http://www.mpegla.com.
Nokia opera cunha política de desenvolvemento continuo, e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras
en calquera dos produtos descritos neste documento sen previo aviso.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE, NIN NOKIA NIN NENGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE
RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL,
INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ
NINGÚN TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE
COMERCIABILIDADE E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO
DESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR
ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase en
contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idiomas.
Controis de exportación
Este dispositivo pode conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas
dos Estados Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación
correspondente.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un
teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono
no caso de que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en
contacto co centro de servizo técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu
funcionamento está suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias
perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que provoquen un
funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que non se aprobe de xeito expreso por Nokia
podería anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.
Número de modelo: 7210c
Edición 1